O sábado 10 de outubro no pavillón municipal de Sada hai unha xornada solidaria. Non sei que tal organizada estará, pero son moitos os participantes. Se tedes un oco, porque non facerllo a esta actividade? Os nenos tamén poden pasar!SÁBADO 10 DE OUTUBRO A PARTIR DAS 17 HORAS NO PAVILLÓN MUNICIPAL.
Xornada Solidaria organizada pola Concellaría de Benestar Social.
O próximo sábado celebrarase no pavillón municipal a xornada "Voluntariado e solidariedade en familia" . A finalidade deste evento é apoiar e fomentar a acción voluntaria e da solidariedade, así como os valores que representa na sociedade actual.















